senlleira

espazo de aprendizaxe
na natureza

Senlleira é un espazo de aprendizaxe na natureza onde a infancia pode crecer, explorar e descubrir ao seu propio ritmo.

a nosa esencia

A natureza é o noso principal espazo educativo: máis de 4.000 m² de contorno natural, con horta, areeiro, zonas de xogo e árbores, onde experimentar, xogar, crear e aprender a través da experiencia directa.

Apostamos por unha educación baseada no xogo libre, a EXPLORACIÓN, a CREATIVIDADE, o contacto coa natureza e o respecto polos ritmos individuais, dando especial importancia ao benestar emocional, á autonomía e ás relacións.

Un lugar para ser, sentir, xogar e aprender. Sen présa.

os nosos servizos

Creamos un ambiente seguro, afectivo e respectuoso, no que cada neno e nena é protagonista da súa aprendizaxe e conta co acompañamento atento de persoas adultas formadas. A natureza é o noso principal espazo educativo: máis de 4.000 m² de contorno natural, con horta, areeiro.

GRUPO DE XOGO

Xogo libre, natureza, movemento e experiencias que espertan a curiosidade e transforman cada día nunha nova oportunidade para aprender. Acompañamos cada proceso desde a escoita, o respecto e a confianza, creando un ambiente onde explorar con liberdade e aprender a través da experiencia.
Un lugar para vivir a infancia con calma, curiosidade e liberdade.

A quen vai dirixido?

Dende camiñantes ata 6 anos.

Campamentos

Os campamentos de Senlleira son un lugar onde vivir os periodos vacacionais, explorando, xogando e creando na natureza.
A través do xogo libre, as propostas pedagóxicas e a convivencia en pequenos grupos, acompañamos a cada neno e nena para que descubra, experimente e medre ao seu propio ritmo.

A quen vai dirixido?

Nenos e nenas de 3 a 9 anos.

TARDES EN SENLLEIRA

As tardes en Senlleira son un tempo para xogar, explorar e descubrir na natureza.
Ofrecemos un espazo seguro e respectuoso onde cada neno e nena pode seguir a súa curiosidade a través do xogo libre, acompañado con presenza, confianza e agarimo.

A quen vai dirixido?

Dende camiñantes ata 6 anos.

Aniversarios

Os aniversarios en Senlleira son unha oportunidade para celebrar, xogar e compartir momentos especiais na natureza.
Creamos un ambiente acolledor e respectuoso onde nenos e nenas poden gozar dunha experiencia diferente, con tempo para explorar, imaxinar e vivir unha celebración chea de lembranzas.

A quen vai dirixido?

Nenos e nenas que queren celebrar o seu aniversario na natureza xunto ás súas amizades e familia.

PROPOSTAS EDUCATIVAS

As propostas educativas de Senlleira achegan a natureza, o xogo e a experimentación a escolas, concellos e entidades.
Deseñamos experiencias participativas e respectuosas que espertan a curiosidade, fomentan a aprendizaxe vivencial e fortalecen o vínculo co entorno natural.

A quen vai dirixido?

A centros educativos, concellos, ANPAS, asociacións e outros colectivos que queiran desenvolver actividades educativas en contacto coa natureza.

actualidade en senlleira

Un espazo para estar ao día de tódalas novas relacionadas con nós e a nosa actividade