Tardes en Senlleira
Tardes na natureza
A maxia de aprender xogando
As nosas tardes de xogo son una invitación a gozar da infancia sen présas, nun contorno natural que convida a explorar, experimentar e deixar voar a imaxinación.
A través do xogo libre, cada crianza pode descubrir ao seu ritmo, seguindo a súa curiosidade, os seus intereses e as súas propias ganas de descubrir o mundo. Un espazo para crear, imaxinar e gozar da liberdade de xogar..
Momentos para compartir e lembraR
Acompañamos estes momentos desde o respecto e a presenza, observando, sostendo e ofrecendo seguridade, sen dirixir nin interferir innecesariamente no xogo.
Para rematar a tarde, compartimos un conto, cancións, xogos de dedos ou pequenas propostas que nos permiten pechar o encontro dun xeito tranquilo e compartido.
Que inclúe
- PARA NENOS E NENAS, deNde etapa de camiÑantes ata os 6 anos.
Horarios
Mércores
Esperámosvos coas portas abertas!
Para concertar unha visita ou realizar consultas, contacta co equipo Senlleira.
