Propostas educativas

Fíos de comunidade

Obradoiros pedagóxicos e vivenciais

Mans de neno modelando barro

Cales son as nosas propostas?

Fíos de comunidade ofrece a posibilidade de crear redes interprofesionais que fortalezan e complementen a educación na primeira infancia.

A través de propostas estacionais, buscamos ofrecer un espazo para pararnos e disfrutar do cambio estacional, permitindo vivir e sentir a maxia e a beleza que cada época do ano ofrece.

Propostas deseñadas para fomentar a conexión entre docentes, infancia e familias, enriquecendo a práctica educativa e creando unha rede educativa.

Esencia

Senlleira destaca pola súa mirada pedagóxica, comprometida coa infancia, os seus valores e necesidades, entendendo o respecto como o motor principal de calquera aprendizaxe. Dende este lugar, establecemos catro valores fundamentais que guían as nosas propostas: Tradición, Comunidade, Sostibilidade e Expresión Creativa.

Compromiso

Buscamos ofrecer experiencias educativas que non só respeten e revaloricen o entorno cultural e natural, senón que tamén fomenten unha aprendizaxe integral e colaborativa que perdure no tempo e xere un impacto positivo en cada quen.

Obradoiros estacionais

Ofrecemos un camiño de aprendizaxes vivenciais que celebran o noso entorno cultural e natural e o noso ser, inspirando e empoderando aos nenos e nenas, fomentando un presente e futuro cheo de beleza, cooperación e impacto positivo duradeiro. Propostas flexibles e personalizadas, acordes a cada proxecto educativo: cóntanos o que buscades!

  • Teas tinguidas ao sol
    Equinoccio de primavera Estampación floral en texidos orgánicos
  • Traballo manual con materiais naturais
    Solsticio de verán Afieltrado de lá
  • Elementos naturais do outono
    Equinoccio de outono Obradoiro de velas con elementos outonais
  • Crianzas creando con acuarela
    Solsticio de inverno Creación do noso farol e festexo

Para quen?

Centros educativos, ANPAs e AFAs do segundo ciclo de Educación Infantil.

Cando?

Durante o curso escolar, a acordar.

Como?

Docentes con experiencia, formadas en Educación Infantil e en diversas pedagoxías respectuosas.

Participantes

Mínimo de 15 participantes.

Duración

2 horas: obradoiro + visita ao noso espazo.

Reserva

Obradoiros individuais ou pack anual completo, con un 5 % de desconto.

Cóntanos o que buscades!

Para concertar unha visita ou realizar consultas, contacta co equipo Senlleira.