Grupo de xogo

Dende camiñantes ata 6 anos

Espazo de aprendizaxe na natureza · Curso 2026–2027

Crianzas xogando en Senlleira

Medrando en calma

Senlleira nace dende unha mirada de amor e respecto profundo cara á infancia, observando cada neno e nena ao igual cunha árbore senlleira: unha reliquia que, cada unha polas súas características, é imprescindible acompañar e respectar. Dende esta visión, cremos na importancia de recuperar espazos nos que as crianzas poidan conectar coa súa esencia.

Creamos un ambiente seguro, coidado e afectivo, onde se aprende sen présa, coa natureza como aliada pedagóxica e cunha figura adulta presente, formada e atenta ao ritmo e á individualidade de cada quen, tecendo así vínculos significativos nunha comunidade consciente.

O noso espazo natural

Contamos cun espazo exterior de máis de 4.000 m² que permite ás crianzas desfrutar da natureza, da horta, do areeiro e das distintas zonas de xogo, entre árbores que fan do lugar un entorno estimulante e máxico. Este entorno vivo ofrece infinitas oportunidades para observar, experimentar e conectar co medio natural.

Tamén dispoñemos dun espazo interior acolledor, pensado para continuar creando, xogando e explorando nos momentos nos que o clima o requira. Ambos espazos están deseñados para promover a autonomía, o protagonismo da infancia e a aprendizaxe activa.

Enfoque pedagóxico

O noso enfoque baséase en pedagoxías activas e respectuosas, co obxectivo de favorecer un desenvolvemento integral, harmónico e en conexión co ritmo vital propio da infancia. Na etapa infantil, o neno ou nena aprende facendo: a través da acción, do movemento, das mans e dos sentidos.

Entendemos a infancia como unha etapa con valor en si mesma. Cada crianza é protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe, construíndo coñecemento a partir da experiencia directa, da exploración libre e do contacto coa natureza.

A seguridade afectiva e o benestar emocional constitúen a base de todo desenvolvemento. Cando a criatura percibe unha presenza adulta estable, coherente e dispoñible, desenvólvese un sentimento de seguridade que lle permite explorar o entorno con confianza. Por iso damos prioridade ao acompañamento das emocións, á súa validación e á adquisición progresiva de ferramentas de autorregulación.

Ofrecemos así un espazo onde a infancia poida SER, nun entorno tranquilo que protexe as aprendizaxes dende o respecto, a calma, o tempo, o silencio e a observación.

Principios pedagóxicos

  • Ambiente preparado

    Un ambiente cálido e acolledor onde as crianzas se senten seguras e cómodas, un espazo que invita a permanecer, crear e explorar. Priorizamos materiais naturais e sinxelos que favorecen a exploración sensorial, a autonomía e a creatividade. O ambiente é un elemento educativo en si mesmo.

  • A adulta acompañante

    Unha educación respectuosa, na que a persoa adulta, formada e con experiencia en pedagoxías activas, ofrece acompañamento e sostén emocional dende unha presenza consciente. As crianzas son as protagonistas; a adulta observa, escoita e guía co respecto aos ritmos individuais.

  • A natureza como fonte de aprendizaxe

    Un entorno vivo que invita a observar, esperar, explorar e descubrir: gozar dos charcos, construír con barro, seguir os ciclos da vida ou sentir os cambios das estacións, nun ritmo máis pausado que favorece a atención e a presenza.

  • Xogo libre

    O xogo é o eixo vertebrador da práctica diaria e a base do desenvolvemento infantil. Permite que a aprendizaxe xurda da motivación interna da criatura e que desenvolva habilidades cognitivas, emocionais e sociais, a súa identidade e a capacidade de tomar decisións.

  • A arte como fonte de expresión

    Acompañamos o impulso creador das crianzas sen xuízos nin expectativas, promovendo momentos de exploración e expresión auténtica que espertan a creatividade, a imaxinación e a capacidade de comunicar sentimentos e ideas.

  • Acompañantes e familias como comunidade

    Educar é un acto de amor compartido. Ofrecemos acompañamento individual e próximo mediante titorías, reunións pedagóxicas e momentos de intercambio, fomentando a colaboración, a confianza e o diálogo de todas as persoas implicadas.

Metodoloxía

Os nosos obradoiros semanais deseñanse a partir do currículo de educación infantil, respectando os intereses e ritmos das crianzas e promovendo aprendizaxes significativas de forma transversal. Cada actividade integra as competencias básicas (matemáticas, linguaxe, cultura, autonomía…) coas habilidades sociais, emocionais e creativas, de maneira práctica e vivencial.

  • Nenos pintando con acuarela
    Expresión creativa Fluír coa imaxinación

    Acuarela, expresión corporal, collages naturais, creación de historias ou teatro fomentan a creatividade, a imaxinación e a expresión emocional, integrando linguaxe, narrativa, vocabulario e expresión oral.

  • Colleita da horta
    Sostibilidade Sementando futuro

    Horta, xabóns, scrapbooking, tinguido de tecidos, papel reciclado ou velas naturais: responsabilidade ambiental, aprendizaxe científica e conceptos matemáticos e de linguaxe.

  • Crianzas camiñando polo bosque
    Comunidade Xogamos en tribo

    Xogos tradicionais, cooperativos e ao aire libre, orienteering ou buscas de tesouros: colaboración, resolución de conflitos, pensamento estratéxico e linguaxe.

  • Neno traballando a madeira
    Tradición Coas nosas mans

    Bricolaxe, tear, alfarería, cestaría, costura ou cociña desenvolven destrezas manuais, coordinación motriz fina, paciencia e secuenciación, traballando conceptos matemáticos e científicos.

Info e horarios

Horario

Entrada flexible de 09:00 h a 09:15 h.
Saída flexible de 13:15 h a 13:30 h.

A quen vai dirixido?

Dende camiñantes ata 6 anos.
Acompañamento: ratio 1 / 8.

Servizos de conciliación

Madrugadores: de 08:30 h a 09:00 h.
Comedor: de 13:30 h a 16:00 h. Menús equilibrados e estacionais, con alimentos frescos de calidade e de proximidade; promóvense hábitos saudables de alimentación.

Anímate a coñecer Senlleira.

Para concertar unha visita ou realizar consultas, contacta co equipo Senlleira.