Campamentos de verán
Do 29 de xuño ao 28 de agosto
Para nenos e nenas de 3 a 9 anos con gañas de vivir novas experiencias na natureza
Un verán para xogar, descubrir e medrar
Senlleira nace da necesidade de que existan alternativas lúdicas de calidade dirixidas á infancia: propostas que parten dun acompañamento profesional e respectuoso, onde os nenos e nenas son protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe mentres disfrutan do tempo de lecer descubrindo propostas diferenciadoras, xogo e movemento libre.
Ofrecemos un espazo exterior de máis de 4000 m², cheo de árbores, con horta, areeiro e zonas de xogo que fan del un lugar máxico. Para os días nos que a choiva ou o frío chamen á porta, contamos cun acolledor espazo interior pensado para seguir creando, xogando e gozando do día.
Os campamentos de Senlleira ofrecen
- Xogo libre nunha contorna natural
- Conexión coa natureza
- Acompañamento respectuoso
- Grupos reducidos con idades mesturadas
- Diversas propostas pedagóxicas cada semana
- Profesionais con anos de experiencia en docencia
Planning
Nove semanas, do 29 de xuño ao 28 de agosto. Podes escoller as que mellor vos encaixen; non teñen que ser consecutivas.
| Xuño – Xullo | Semana 1 | Do 29 ao 3 |
|---|---|---|
| Semana 2 | Do 6 ao 10 | |
| Semana 3 | Do 13 ao 17 | |
| Semana 4 | Do 20 ao 24 | |
| Semana 5 | Do 27 ao 31 | |
| Agosto | Semana 6 | Do 3 ao 7 |
| Semana 7 | Do 10 ao 14 | |
| Semana 8 | Do 17 ao 21 | |
| Semana 9 | Do 24 ao 28 |
Actividades pedagóxicas
Deseñamos cada semana de campamento en base a catro eixes.
-
Expresión creativa Fluír coa imaxinaciónAcuarela, expresión corporal, collages naturais, creación de historias, teatro…
-
Sostibilidade Sementando futuroHorta, xabóns, scrapbooking, tinguido de tecidos naturais, papel reciclado, velas naturais…
-
Comunidade Xogamos en triboXogos tradicionais, xogos cooperativos de mesa, orienteering, ultimate…
-
Tradición Coas nosas mansBricolaxe, tear, olaría, cestaría, cociña…
Horarios
Campamento
Entrada ás 09:00 h e saída ás 14:00 h.
Servizos de conciliación
Madrugadores: de 08:30 h a 09:00 h.
Comedor: de 14:00 h a 16:00 h. Menús equilibrados e estacionais, con alimentos frescos de calidade e de proximidade.
Estrutura diaria
- 08:30 hEntrada · servizo de madrugadores
- 09:00 hEntrada e xogo libre
- 09:15 hAsemblea
- 09:45 hProposta pedagóxica
- 11:30 hAlmorzo e xogo libre
- 13:30 hPeche do día e conto
- 14:00 hSaída
- 14:15 hRutina de comedor e hixiene bucal
- 15:00 hXogo libre e recollida
- 16:00 hSaída · servizo de comedor
Anímate a camiñar xunto a nós!
Descarga o dossier completo do campamento ou escríbenos para resolver calquera dúbida.

