aniversarios

Cumpreanos na natureza

Crianzas camiñando pola natureza en Senlleira

Un día especial na natureza

Dende Senlleira queremos ofrecer o noso espazo para días tan especiais como son os aniversarios na infancia.

Promovemos un espazo adaptado ás súas necesidades, pensado por e para elas, para poder disfrutar en comunidade dun día tan especial dende a calma que a natureza nos agasalla.

O noso espazo natural

Contamos cun espazo exterior de máis de 4.000 m² que permite disfrutar dos beneficios da natureza, da horta, do areeiro e das distintas zonas de xogo, entre árbores que fan do espazo un lugar máxico.

Para os días de choiva, contamos cun porche no que poder estar a refuxio sen perder o encanto de estar en pleno espazo natural.

Que inclúe

  • Reserva do espazo
  • 20 crianzas e 20 persoas adultas
  • Posibilidade de uso do mobiliario exterior de mesas e cadeiras
  • Vaixela e servizos para 25 persoas
  • Aparcamento no mesmo espazo (ata 14 coches)
  • Unha persoa responsable no espazo para dúbidas ou xestións de organización

Horarios

Sábados e domingos

Horario de mañá 10:00 hata14:00 h
Horario de tarde 16:00 hata20:00 h

Esperámosvos coas portas abertas!

Para concertar unha visita ou realizar consultas, contacta co equipo Senlleira.